LUGO E OS ROMANOS

   Hoxe estabamos na clase de Reme contando un conto e, de súpeto, entraron pola porta unhas persoas que nos dixeron que eran romanos. Menuda sorpresa!!!





   Dixeron que eran soldados que viñan dunha cidade que está en Italia e que se chama Roma. Tiñan armadura, casco, espada, lanzas e un escudo para protexerse.






   Na clase vimos un vídeo sobre os romanos:



E tamén nos regalaron unha moeda coa cara do emperador:




Por último fixemos unhas fotos con estos romanos tan simpáticos e decidimos aprender moitas cousas deles e da cidade de Lugo.



MOITAS GRAZAS POR VIR AO NOSO COLE!!!

 DE ONDE VEÑEN OS ROMANOS?

   Na clase temos un globo terráqueo onde podemos ver todos os países do noso planeta. Buscamos Roma que é a capital de Italia e tamén España que é o país onde vivimos.



VISITA AO MUSEO PROVINCIAL DE LUGO

   Este venres 20 de febreiro visitamos o Museo Provincial de Lugo para ver as cousiñas que teñen dos romanos. Antes da visita escollemos as parellas para ir no autobús:




  No Museo Ángeles e Ana foron as nosas guías:



OS MOSAICOS

   No Museo vimos un mosaico dunha casa romana ou DOMUS de 38 metros cadrados con distintas figuras que estaban feitos cunhas pedriñas de cores que se chaman teselas. 




SALA DAS LUCERNAS

   Os romanos usaban lucernas que son lámparas de aceite para iluminar as súas casas. As lucernas estaban feitas de cerámica ou bronce.



MOEDAS E VAIXELAS ROMANAS

   No Museo tamén vimos moedas chamadas denarios e utensilios e recipientes de cerámica que os romanos utilizaban para comer.


XOIERÍA CASTREXA

   Con Ángeles e Ana visitamos a sala onde están as xoias dos castrexos que é o pobo que vivía en Galicia antes de que viñeran os romanos. Estas xoias eran de ouro. A peza máis importante é o Torques, un colar ríxido e redondo de gran valor celta.




PISCINA ROMANA

   Despois de visitar o Museo vimos na Praza de Santa María unha piscina romana decorada con teselas grises e negras.


   Por último fíxemos unhas fotos de grupo na Muralla de Lugo como remate desta xornada tan especial:





MOSAICO

   Na clase fíxemos un mosaico para decorar a nosa clase. Para os romanos os mosaicos eran elementos decorativos que empregaban como ornamento de teitos, paredes e chans.















Este foi o resultado:


O MOSAICO DE SUEVIA

   Suevia trouxo para o noso recuncho un mosaico co debuxo dun arco da vella que decorou cos seus papás. Contounos que os romanos usaban pedriñas de cores chamadas teselas. 





O EMPERADOR

   O Imperio romano estaba gobernado polo emperador.  Era o que mandaba en Roma e todo o mundo o tiña que obedecer. Levaba unha coroa de laurel que é o símbolo de victoria. Na clase tamén temos o  noso emperador . Marco lembrou as normas romanas que rixen no cole e que tod@s temos que cumprir : escoitar, recoller os xoguetes, compartir, axudar...


   Marco tamén trouxo espadas e escudos feitos de cartón para xogar e imitar aos soldados romanos:



OS TEMPLOS

Eran edificios sagrados construídos para adorar aos deuses. Os romanos tiñan moitos deuses e deusas: Marte, o deus da guerra, Venus,a deusa do amor, Néptuno: o deus do mar... Minerva, Xúpiter... 
Nico trouxo uns templos de madeira que decorou e pintou coa axuda dos seus papás e que quedaron así de bonitos:




OS ANFITEATROS

 Eran os edificios onde se celebraban as loitas de gladiadores. O anfiteatro máis importante é o Coliseo que está en Roma. Construído polo emperador Vespasiano tiña unha capacidade para 50000 espectadores e está considerado unha das novas Sete Maravillas do Mundo. Valeria trouxo unha maqueta dun templo romano, un acueducto e o Coliseo de Roma que decorou e pintou coa axuda dos seus papás.





LOITA DE GLADIADORES

   Na clase quixemos imitar aos gladiadores romanos e loitamos ben protexidos cos escudos que trouxo Marco para xogar cos amig@s.







O ESCUDO DE ARI

    Os romanos tiñan un exercito grande e poderoso. Os soldados levaban casco e coraza para protexerse. Armas como espadas e lanzas e un escudo que estaba feito de madeira e cuberta de coiro. Os escudos estaban decorados coas cores da lexión. Ari trouxo un escudo para o noso recuncho que decorou coa axuda dos seus papás.



 



















 



No hay comentarios:

Publicar un comentario