Este mes de novembro comezamos o proxecto de centro " As persoas con capacidades diferentes" Cada curso decorou unha letra para, entre tod@s, construír o título do PDI. Na nosa clase decoramos a letra O que fixemos con papel maché e logo pintamos con témpera e pinceis.
viernes, 7 de noviembre de 2025
lunes, 3 de noviembre de 2025
DÍA DAS BIBLIOTECAS
O 24 outubro é o Día das Bibliotecas e no cole quixemos celebrar esta xornada co concerto de Adrián Vigo no Salón de Actos e cun contacontos coa escritora Marisol Bravos, autora do libro "Historia de superación" onde explica o seu percorrido vital marcado pola discriminación (precisa dunha cadeira de rodas) e a súa loita por ser como ela di "unha persoa con discapacidade pero unha persoa"
Moitas grazas Adrián e Marisol polo voso talento, afán de superación e por ser exemplo.
domingo, 2 de noviembre de 2025
PANTASMAS
Para decorar e ambientar a nosa clase polo Samaín, fixemos unhas pantasmas que pintamos con témpera e que quedaron así de bonitas:
viernes, 24 de octubre de 2025
CALDEIROS E PÓCEMAS DE SAMAÍN
Este ano ambientamos o pavillón de Infantil cos caldeiros e as pócemas que viñeron da casa e que os nen@s decoraron coa vosa axuda. Moitas grazas papás por colaborar! Sodes uns artistas!!!























































