Que desastre!!! Hoxe cando chegamos a clase atopamos un monton de pinturas e pinceis tirados polo chan.
Pensamos que podían ser os elfos pero imaxinamos que agora xa estarán con Papá Noel preparando os agasallos para o próximo Nadal. Tamén pensamos en Miró ainda que nos cadros non atopamos nin lúas, nin soles, nin estrelas.
O que sabemos é que lle gusta moito pintar máscaras e cousiñas do mar como cunchas e algas. Como pista deixounos dous cadros e pola súa firma xa sabemos que se chama Maruja, Maruja Mallo.
A profe contounos que no Museo Provincial de Lugo hai cadros desta pintora tan importante.
SALA DE MARUJA MALLO
Aproveitando a visita ao Museo de Lugo para ver as cousiñas dos romanos, con Ángeles e Ana fomos a sala de Maruja Mallo para ver un dos seus cadros:
Ángeles contounos que estes días só teñen un cadro de Maruja porque os outros cadros están no Museo Raíña Sofía de Madrid para unha exposición moi importante. Tamén nos contou que, ademais de pintar, Maruja defendeu os dereitos das mulleres. Na clase imos aprender moitas cousiñas desta pintora galega.
MURAL
Na clase estamos preparando o recuncho de Maruja e entre tod@s fixemos un mural.




















No hay comentarios:
Publicar un comentario