miércoles, 29 de enero de 2025

PRESENTACIÓN "OFICIAL" DE MARÍA, A IRMÁ DE MANUEL

   O martes 28 tivemos na clase a visita de María. Manuel contounos moitas cousiñas da súa irmá que xa ten 15 meses. Cantamos a canción dos bebés e tamén fixemos con moito cariño un libro de debuxos como agasallo desta visita tan especial.

   Grazas AZUCENA e MARÍA pola visita e grazas MANUEL por presentarnos a túa irmá.





domingo, 26 de enero de 2025

CANTO CONTO!!!

    Na clase sempre hai tempo para os contos. Despois da merenda e antes de saír ao recreo gústanos moito compartir historias cos amig@s.






miércoles, 8 de enero de 2025

VIÑERON OS REIS !!!

    Que alegría!!! Hoxe foi un día de reencontro cos amig@s pero ademais cando chegamos a clase atopamos uns agasallos que nos deixaron os Reis Magos e que nos gustaron moito. Melchor, Gaspar e Baltasar saben que no cole traballamos moi ben e que nos portamos fenomenal.

MOITAS GRAZAS MAXESTADES !!!