miércoles, 23 de abril de 2025

FEIRA DO LIBRO

    O martes 22 celebramos a I Feira do Libro de Outeiro de Rei, un evento organizado polo colexio Laverde Ruíz e o Concello. Pola mañá os nen@s de Infantil visitamos a feira e fixemos a doazón dos contos para o HULA.


   Aproveitamos para ver os carteis que fixemon nas clases de Infantil e Primaria.



   Despois disfrutamos dun contacontos con Ana Meilán.




E dos trucos do mago David Méndez.




Antes de irnos pasamos polo fotocall como recordo dunha xornada moi especial.




viernes, 11 de abril de 2025

O GATO CON BOTAS

    Na clase decoramos o conto  "O Gato con Botas" para a Feira do Libro de Outeiro de Rei que se vai a celebrar o vindeiro 22 de abril. Entre tod@s fixemos a decoración do biombo que formará parte deste importante evento. Este foi o resultado:
















AS BOLSAS DOS TRABALLOS

   Estes días decoramos as nosas bolsas dos traballos con rotuladores de tea. Fixemos o noso retrato e escribimos o nome. Quedaron así de bonitas: