O venres fomos ao Salón de Actos para ver unha versión da obra "La ratita presumida" que nos gustou moito.
domingo, 15 de junio de 2025
VISITA DOS NEN@S DA GARDERIA
O mércores 11 tivemos unha visita moi especial. Os nen@s da gardería viñeron coas súas profes para coñecer o que vai a ser o seu cole para o curso que ven. Nas clases da planta baixa contamos un conto, cantamos e xogamos nos recunchos... Despois cos nen@s da planta de arriba houbo un tempo de recreo no patio. Foi unha xornada para coñecernos e pasar un ratiño xunt@s. Moitas grazas pola visita e ata pronto!!!
miércoles, 4 de junio de 2025
PRESENTACIÓN "OFICIAL" DO IRMÁN DE VALERIA
Hoxe tivemos unha visita moi especial. Veu a nosa clase Eder, o irmán de Valeria que ten tres meses. Valeria contounos moitas cousiñas do seu irmán e cantamos a canción dos bebés. Tamén fixemos para Eder un libro de debuxos con moito cariño.
Grazas EDER, FANI e IVÁN pola visita e grazas VALERIA por presentarnos ao teu irmán!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)