CANTO CONTO!

   A hora do conto é un momento especial. É unha actividade que fomenta o gusto pola lectura, o interese polos libros ao mesmo tempo que desenrola a creatividade e a imaxinación dos nen@s. As historias que se atopan nos contos son unha ferramenta para potenciar o desenrolo intelectual, a memoria, a atención pero tamén a xestión das emocións e os conflictos así coma o desenrolo social e a adquisición de valores. Por este motivo na clase sempre hai tempo para contar un conto. Pero ademais este curso podemos elexir contar o conto aos amig@s e disfrutar xunt@s das historias máis divertidas.

"MAÑANA SERÁ OTRO DÍA"

A historia elexida por Vera é un precioso conto protagonizado pou unha ra que nos ensina que a vida está chea de retos que temos que enfrontar para medrar e que os erros son un necesario proceso de aprendizaxe.


MARÍA FUMAÇA, "AS QUE MÁIS MOLAN"

Con Xián lembramos as cancións de María Fumaça, un canto á alegría  e á amizade.


"UN GATO NA ÁRBORE"

Un gato cando está a ser perseguido por un can, sobe por unha árbore moi alta e logo non é quen de baixar. Os que pasan á beira da árbore soben coa intención de axudalo, pero a cousa complicase cada vez máis... Así comeza esta historia tan divertida que nos contou Alba.


"CORRE, CORRE CABACIÑA"

Foi o conto elexido por Noa, unha historia que coñecemos tod@s e que disfrutamos sempre.


"MARUXA"

Maruxa e Pepiño vivían na aldea. Maruxa cosía, varría e labraba. Pepiño cantaba, folgaba e durmía. Mais un día Maruxa decide dar unha lección a Pepiño para que entenda que hai que repartir o traballo e as tarefas por igual. Esta é a divertida historia que nos contou Meghara.

 



"CORRE, CORRE CABACIÑA"

Bela contounos esta historia popular portuguesa  que é dos nosos contos favoritos.




" A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA" 

Aldán contounos a divertida historia da toupiña que, moi enfadada,  quere descubrir quen lle fixo "aquilo" na cabeza. Despois de preguntar a moitos animais por fin atopa ao responsable: Xan Pedro, o can do carniceiro.



APRENDEMOS A CONTAR

Cos contos descubrimos personaxes e historias marabillosas pero tamén moitas aprendizaxes. Co libro de números de Nerea divertímonos contando.




PEPPA PIG

Daniela elexiu unha historia de Peppa Pig, que nos gustou moito, para o momento do conto.




" EL PECECITO "

Foi o conto elexido por Guzmán para contar aos amig@s.



" LA RATITA PRESUMIDA "

Érase  unha vez unha ratiña presumida que, barrendo na porta da súa casa, atopou unha moeda de ouro... Así comeza esta historia que nos contou Mario.








 



No hay comentarios:

Publicar un comentario