TODOS IGUAIS, TODOS DIFERENTES



 NO PASA NADA!

   Panda e Zebra son os protagonistas deste precioso conto de Xabi López. A eles gústalles vivir nun mundo diverso porque non pasa nada por ser diferentes. Da súa man imos descubrir  o valor da amizade pero tamén imos coñecer como é o noso corpo por dentro e por fóra. A importancia de expresar as nosas emocións, os nosos sentimentos... Porque todos somos iguais pero ao mesmo tempo diferentes e como eles dicen hai moitas formas de ver o mundo tantas como as nosas miradas.


   Na clase hai 9 nenas e 12 nenos e tod@s somos diferentes. O noso corpo tamén é diferente:



 



   Con Rosita e Manu (nomes que eleximos entre tod@s ) aprendemos as distintas partes do noso corpo:







O SISTEMA ÓSEO

   Os ósos serven de soporte para o corpo e tamén para protexer os nosos órganos. A medida que crecemos tamén medran os ósos. Todos estes ósos compoñen o esqueleto. 







   Con "huesitos" aprendemos os ósos máis importantes do corpo:






   Ademais de a "huesitos" na clase temos un esqueleto para ver os distintos ósos do corpo humano. O fémur é o máis largo e o estribo, que está no oído, o máis pequeno.



OS MÚSCULOS

   Son os verdadeiros motores do noso corpo. Moitos están unidos aos ósos. Contráense e reláxanse para xerar diferentes movementos.


PRINCIPALES ÓRGANOS

   Os órganos son partes do corpo que cumpren unha función determinada. Os máis importantes son:  cerebro, pulmóns, corazón, estómago, fígado, riles, intestino delgado e intestino groso.






OS SENTIDOS

   O ser humano ten 5 órganos dos sentidos: a PEL  que permite o tacto, os OLLOS que proporcionan a vista, os OÍDOS que captan os sons, o NARIZ polo que se perciben os olores e a LINGUA coa que se distinguen sabores co sentido do gusto.


AS EMOCIÓNS

   

   As emocións son reaccións naturais que experimentamos ante diferentes situacións, eventos ou pensamentos. Xogan un papel moi importante no desenrolo e benestar emocional. Hai seis emocións básicas: alegría, tristeza, medo, ira, sorpresa e noso.

 É fundamental aprender a identificar e validar todas as emocións.



O MURAL DO PROXECTO







No hay comentarios:

Publicar un comentario