O PAÍS DAS LETRAS

    Este curso imos coñecer un lugar moi especial: O PAÍS DAS LETRAS.  

   O REI U

  Neste país vive a Familia Real e un montón de personaxes con historias moi divertidas. Esta semana contamos o conto do Rei U ao que lle gustan moito as uvas e ten coma amigo a un lobiño bo que fai: UUUUUUUUUU !!!!!!



   A RAÍÑA A

A raíña A tamén vive no País das Letras. Gústalle moito coidar  das amapolas e xogar co seu aro:





   A PRINCESIÑA I

Os reis teñen tres fillos. A máis pequena é a princesiña I que non come e por eso está tan delgada. Non lle gusta nin a carne, nin o pescado, nin a froita, nin a verdura... Cando chora fai IIIIIIIIII !!!!!!




   O PRÍNCIPE E

O  príncipe E ten un elefante de mascota e gústalle xogar con el. É moi curioso e despistado e sempre está facendo trastadas:





   A PRINCESA O

A princesa O é a irmá maior. Parécese moito a súa mamá, a raíña A. Gústanlle moito os doces e tamén disfruta xogando  co seu aro.




   O PANADEIRO P

Neste País tan particular non tiñan perruqueiro e elexiron a letra "p" para o traballo pero era tan desastre que ao final decidiu cambiar de profesión e poñer unha panadería. Agora fai un pan moi rico e uns pasteis deliciosos e todos están encantados !!!




   A SEÑORA DA MONTAÑA

Esta semana chegou ao País das Letras a Señora da montaña que ten dúas fillas que coñeceremos máis adiante. Cando fala dice:"  mmmmmmmmmmmmm "como cando comemos algo que está moi, moi, moi rico.




Aprender a ler resulta moi divertido cos nos@s amig@s do País das Letras. Gústanos moito debuxalos no encerado:





Tamén nos gusta escribir os nomes dos amig@s:



   AS XEMELAS N E Ñ

As xemelas n e ñ viviron toda unha aventura no bosque. Aquí tedes a súa historia:




   O LEITEIRO L

En Letrilandia hai un leiteiro que reparte o leite a todos os nen@s que viven neste país:






A DOUTORA T

   E tamén un hospital onde traballa a doutora T que coida das letras que se poñen malas. Tod@s a queren moito porque da xaropes moi ricos que saben a fresa, laranxa ...





A SEÑORITA DO SILENCIO


   No País das Letras hai un pouquiño máis de orde dende que chegou a señorita do silencio:




O BOMBEIRO F


   En Letrilandia tod@s viven moito máis tranquil@s desde que o bombeiro f se adica a apagar o lume e a previr os incendios: 







O SEÑOR DO DIÑEIRO


   No País das Letras  hai un banco onde traballa o señor do diñeiro:






No hay comentarios:

Publicar un comentario