DE MUSEOS CON MAX

 Max é un artista. O que máis lle gusta é pintar con témperas, pinceis, acuarelas... Podes atopalo nunha galería de arte ou en calquer museo disfrutando da súa paixón que é a pintura. Con Max imos viaxar polo mundo da arte, imos coñecer museos de diferentes países, grandes artistas e cadros marabillosos.


Empezamos esta aventura en Madrid. Max está nun dos seus museos favoritos, o Museo Nacional do Prado. Un dos museos máis importantes do mundo que conta cunha valiosa colección de 8600 cadros e máis de 700 esculturas. Con obras de Velázquez, Goya, El Greco, Tiziano, Rubens o El Bosco entre outros.  



"AS MENINAS" DE VELÁZQUEZ

É o cadro favorito de Max, o máis representativo e famoso do Museo do Prado. Diego Velázquez está considerado un dos mellores pintores da historia.






      AS NOSAS MENINAS:







Velázquez era o pintor do rei e facía retratos para el e a súa familia. Nós tamén quixemos facer o retrato dun amig@: 









   JOAN MIRÓ

   Despois de estar na capital Max viaxa ata Barcelona para visitar a Fundación Joan Miró que ten algunhas das obras máis representativas deste pintor catalán. Con máis 104.000 pezas entre pinturas, esculturas e tapices.



   Miró nace no ano 1893 en Barcelona. Foi un pintor surrealista ao que lle gustaba moito pintar a natureza e, en xeral, as cousas sinxelas da vida como por exemplo os animais: paxaros, cans, peixes, gatos... O que máis lle chamaba a atención eran os seus ollos porque a través da súa expresión sabía si estaban tristes ou contentos. Nos seus cadros tamén aparecen soles, lúas, constelacións... Vermello, azul, amarelo e negro son as cores que máis utiliza nos seus cadros.

Nós tamén quixemos pintar como Miró:











" LAS COSAS MÁS SIMPLES ME DAN IDEAS " JOAN MIRÓ








VICENT VAN GOGH

   Max viaxou ata Amsterdam para visitar o Van Gogh Museum, a pinacoteca que alberga  a colección de obras deste importante pintor holandés.




   Van Gogh está considerado un dos máis grandes mestres da historia da pintura e tivo unha gran influencia no arte do século XX.  Pintou uns 800 cadros e máis de 1600 debuxos. Nas súas obras quixo mostrar a vida cotiá ( o seu tema principal ) e a súa pintura está marcada polos lugares onde viviu e traballou. Fixo máis de 43 autorretratos e disfrutaba pintando a natureza.

   Un dos seus cadros máis famosos: "Los girasoles"












   "La noche estrellada" está considerada unha obra maestra da arte. Xunto con "Los girasoles" é un dos cadros máis famosos deste pintor holandés. Combinando soño e realidade a noite que retrata Van Gogh é un espello da súa propia alma.


AS NOSAS NOITES ESTRELADAS:








"A MENUDO PIENSO QUE LA NOCHE ES MÁS VIVA Y RICA EN COLORES QUE EL DÍA"

                                                            VICENT VAN GOGH



MARUJA MALLO

Max está en Lugo!!! Directo de Amsterdam ven ao noso Museo Provincial para ver os cadros de Maruja Mallo, unha das súas pintoras favoritas.





   Maruja Mallo, a gran pintora surrealista da Xeración do 27 foi a primeira muller en aprobar os exames para Belas Artes e a primeira en ser admitida na academia. Mallo, unha das máximas expoñentes do cubismo, formou parte do grupo de artistas chamado "Las Sinsombrero" e desenvolveu o seu traballo xunto a artistas como Lorca, Dalí, Neruda ou Alberti.

    Esta pintora única, valente e libre nace no ano 1902 en  Viveiro, preto do mar. Un mar que está presente na súa obra.

" NATUREZAS VIVAS "
















MÁSCARAS

       As máscaras están moi presentes na obra de Maruxa. Son cadros moi coloridos inspirados nas tribus americanas. 


AS NOSAS MÁSCARAS












"GUÍA POSTAL DE LUGO"

   No Museo Provincial puidemos ver esta obra de Maruja Mallo con imaxes de lugares, monumentos e celebracións de Lugo:



   Nós tamén quixemos facer o noso collage como Maruja:


























No hay comentarios:

Publicar un comentario