DESCUBRINDO ESCOCIA

    Iniciamos a nosa aventura e marchamos de viaxe ata Escocia para descubrir un dos países máis bonitos do mundo. O primeiro que fixemos foi situar Escocia no mapa. Xa sabemos que está en Europa e forma parte do Reino Unido xunto con Inglaterra, Gales e Irlanda.





   Clhoe trouxo unha caixa con moitas fotos e información de Escocia: cidades máis importantes, paisaxes,  gastronomía, fauna, costumes e tradicións...





   Con Vera vimos a súa bandeira coñecida como Cruz de San Andrés que é o patrón de Escocia.  É unha cruz branca en forma de X sobre fondo azul:


      Gael preparou coa súa mamá unhas galletas típicas escocesas que degustamos entre tod@s e que estaban moi ricas. Gael deunos ademais a receita cos ingredientes e a súa elaboración:




   No libro que trouxo Bela vimos un castelo. Aproveitamos para falar deles e descubrir que en Escocia hai máis de 2000, un dos atractivos do país.




   Na maleta de Mateo tamén atopamos moita información. Xa sabemos que o Castelo de Edimburgo está construído sobre un volcán extinto e que ademais é un dos lugares máis visitados do país. 



   O cardo é a flor nacional, un dos símbolos de Escocia e pode verse representado en escudos e bandeiras e adorna moitas fortalezas e castelos escoceses.  Significa valentía, coraxe e lealtade.  


 NESSIE

   Con Hugo descubrimos a lenda de Nessie o monstro do lago Ness, un dos lugares máis visitados de Escocia. Situado en Inverness, "la capital de las Tierras Altas" e moi preto do castelo de Urquhart é famoso por ser o fogar de Nessie. Dícese que é un gran animal descoñecido similar a un plesiosaurus.





TRAXE TÍPICO

   O Kilt, coñecido popularmente como falda escocesa é o traxe típico de Escocia e Irlanda. O tartar é o tecido de cadros, xeralmente de la, co que se fai o kilt.



MOEDA

      Xa sabemos que a moeda do pais é a Libra Esterlina e que esta formada por 100 peniques. Xián contounos que a súa mamá colecciona moedas e trouxo uns peniques para ensinar na clase.



    Daniela tamén quixo ensinarnos unha moeda moi valiosa de 10 euros  que conmemora  o Bicentenario da Policía Nacional.



ANIMAL NACIONAL

   O unicornio é o animal nacional de Escocia e a súa figura aparece en moitas prazas, castelos e monumentos escoceses. Representa o orgullo, a nobreza, a valentía e a pureza.  Meghara trouxo un de xoguete para o noso recuncho do proxecto.







No hay comentarios:

Publicar un comentario