| Actuación de Josito e Saleta |
viernes, 13 de mayo de 2016
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Hoxe celebramos no cole o día das Letras Galegas adicado a Manuel María. Pola mañá para os nenos de Infantil houbo un contacontos no Salón de Actos con Josito e Saleta que nos gustou moito. Xa pola tarde todos xuntos cantamos no patio a canción " O carro" de Fuxan os ventos con Antón Castro e o profesor de música Mikel. Tamén disfrutamos da actuación do grupo de baile galego e pandereta. Fixérono xenial !!!
DÍA INTERNACIONAL DA FAMILIA
O 15 de maio conmemorase o día da Familia. Para celebrar esta data tan especial na clase fixemos con moito cariño un agasallo que desexamos que vos guste. Feliz día !!!
domingo, 24 de abril de 2016
DÍA DO LIBRO
Este venres celebramos o día do Libro cunha visita a biblioteca do cole onde os nenos/as de 5º e 6º de Primaria representaron algunhas esceas de distintos entremeses da obra de Cervantes.
Neste día tan especial tamén quixemos lembrarnos de Manuel María e entre todos os nenos do cole fixemos un libro de poemas adicado a él que leva por título " Contigo Manuel María" e un marcapáxinas coa súa imaxe.
Neste día tan especial tamén quixemos lembrarnos de Manuel María e entre todos os nenos do cole fixemos un libro de poemas adicado a él que leva por título " Contigo Manuel María" e un marcapáxinas coa súa imaxe.
| Na biblioteca |
| Nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria |
| A nosa páxina do libro adicado a Manuel María |
| Os marcapáxinas |
miércoles, 20 de abril de 2016
CONTACONTOS
Hoxe Carmen e Montse as mamás de Mario e Mariña viñeron a nosa clase para contar o conto dos cinco ratiños e ensinarnos a canción do gato Tirurato. Pasámolo fenomenal e de agasallo Montse e Carmen trouxeron un ratiño para cada neno e tamén 5 ratiños para que poidamos contar de novo o conto no cole. Tamén imos aprender a canción do gato que nos gustou moito.
| O conto dos cinco ratiños |
| A canción do gato Tirurato |
| Mariña e Mario repartindo os ratiños aos amigos |
| O ratiño |
lunes, 18 de abril de 2016
lunes, 11 de abril de 2016
OS NOSOS DEBUXOS DE MIMÍ
Hoxe na asamblea lembramos entre todos o conto de Mimí e fixemos estes bonitos debuxos do gato para levar a casa de Manuel María:
viernes, 8 de abril de 2016
CONTACONTOS: " O BIGOTE DE MIMÍ"
Hoxe os nenos e nenas de tres anos visitamos a Casa Museo de Manuel María para asistir a un contacontos e disfrutar coa historia do gato Mimí.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
















