TODOS IGUAIS, TODOS DIFERENTES
Este curso adicamos Samaín ás lendas galegas. En Infantil fixemos uns murais cos persoaxes típicos:
- os nenos de 3 anos: a bruxa
- os nenos de 4 anos: a moura
- os nenos de 5 anos: o trasno
Na nosa clase tamén fixemos unha fada para ambientar e decorar a biblioteca do cole. Quedou así de bonita:
No cole grande aproveitamos para ver as cabazas que decoraron os nenos maiores. Mirade que chulas:
Para celebrar o día das Bibliotecas o venres os nenos de 6º de Primaria representaron na biblioteca do cole a lenda do trasno comecastañas. Para conmemorar este día tamén fixemos unha medalla do trasno que nos quedou así de bonita:
Un día Asier trouxo a clase unhas fotos da súa nova mascota: a tartaruga " Lu". Como nos gustan moito os animais invitamos a "Lu" o noso cole e o xoves xuntamonos os nenos/as de 3 e 4 anos na clase de María para coñecer a mascota. Asier contounos moitas cousas das tartarugas e tamén aproveitamos para contar o conto : " A que sabe la luna" onde aparece unha tartaruga e outros animais que queren saber a que sabe a lúa e que nos gustou moito. Grazas Asier !!!
O venres viñeron de visita a nosa clase os nenos e nenas de 3 anos coas súas profes María e Marta. Contamos o conto dos cinco ratiños e tamén cantamos cancións. Disfrutamos moito todos xuntos e xa estamos desexando repetir.
Hoxe, venres 30, os nenos/as de Infantil e de 1º de Primaria disfrutamos dun concerto no Salón de Actos. Todos xuntos escoitamos as cancións do grupo Zoelas que fai música tradicional con instrumentos típicos de Galicia: gaita, zanfoña, pandeiro ...
Iniciamos un novo curso coa ilusión de sempre e moi contenta de reencontrarme cos meus nenos que por certo atopei moi maiores. Preparados chicos que empezamos.
Benvidos ao cole !!!