Xa estamos a punto de rematar este primeiro trimestre e por iso adicamos as últimas semanas a preparar os nosos traballos. Tamén fixemos e decoramos a carpeta para gardar os proxectos e as cousiñas que fixemos dende principios de curso. CARPETA: Técnica: pintura, estampación, recortado, pegado Materiais: témperas, rodillos, corchos, papel de xornais, tixoiras
O último día de cole, mércores 23 imos facer a nivel de Infantil catro talleres : - Maquillaxe - Baile - Plástica: adornos para a árbore - Plástica: coroa A idea é facer catro grupos con nenos de tres, catro e cinco anos. Todos os nenos van a participar en todos os talleres e ao final imos facer un baile ao que estades convidados. Para que vaiades practicando cos vosos nenos/as aquí tedes a panxoliña e os xestos que hai que facer:
Irene e máis eu repetimos a experiencia dos talleres cos nosos nenos/as de Infantil e de 5º de Primaria. Nas dúas clases e durante dúas sesións fixemos un mural do inverno onde os pequenos e os maiores tiveron a oportunidade de divertirse traballando xuntos. Toda unha experiencia !!!!
O venres 4 pola tarde celebramos a festa do magosto cos amigos da clase de Reme. Todos xuntos disfrutamos das castañas asadas que por certo estaban moi ricas:
Os nenos de 3 anos están facendo un proxecto sobre os pitiños. Fai uns días estivemos na súa clase para ver como saían do cascarón e esta semana tivemos a sorte de ver aos pitiños xa coa pluma e observar como medran. E nos encantados !!!