domingo, 24 de junio de 2018
DÍA DE CONVIVENCIA
O mércores 20 tivemos un día de convivencia na área recreativa de Santa Isabel con todos os amigos/as do cole. Fixemos xogos cooperativos e disfrutamos dunha comida nunha xornada que resultou xenial e que seguro repetiremos.
O NOSO MUSICAL
Este ano quixemos despedir o curso con moito ritmo. O principal obxectivo foi divertirnos e bailar cos amigos/as e todos xuntos disfrutar dunha xornada moi especial en compañía da nosa familia.
viernes, 1 de junio de 2018
CONCERTO DIDÁCTICO
O mércores 30 disfrutamos dun concerto didáctico no Salón de Actos onde músicos da Tradescola nos ensinaron dun xeito lúdico e divertido instrumentos, ritmos e melodías da música tradicional galega.
O VIAXE DE PEPA
Pepa viaxou fai uns días a París cos seus pais e o co seu irmán Enrique. Para Pepa era a súa primeira viaxe en avión e tiña moita ilusión por ir a Disneyland. Á volta contounos moitas cousas: a súa visita á torre Eiffel, á catedral de Notre Dame, ao museo do Louvre onde había cadros de Van Gogh e o paseo polo río Sena no Bateau Mouse. Tamén trouxo fotos para compartir cos amigos. Grazas Pepa !!!
viernes, 25 de mayo de 2018
EXCURSIÓN Á CORUÑA
Por último visitamos o Planetario situado na cúpula semiesférica da Casa das Ciencias e onde se fan proxeccións sobre o Sistema Solar. Foi un día moi divertido onde ademais de aprender moitas cousas disfrutamos dunha xornada moi especial cos nosos amigos/as de 5 anos.
![]() |
| Salas interactivas do Domus |
| Cine 3D |
| Repoñendo forzas!!! |
![]() |
| No Acuarium |
![]() |
| Na Sala Nautilus |
![]() |
| Vendo as focas |
domingo, 20 de mayo de 2018
AS PARELLAS DO AUTOBÚS
Sempre que imos de excursión eleximos as parellas para ir no autobús. Cada neno elixe a un amigo/a e así quedaron as parellas para ir Á Coruña:
sábado, 19 de mayo de 2018
O DÍA DA FAMILIA
O 15 de maio celebrouse o día da familia e na clase fixemos con moito cariño un agasallo para celebrar este día coas persoas que tanto queremos e que tanto nos queren.
FELIZ DÍA FAMILIAS !!!
FELIZ DÍA FAMILIAS !!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



























