TODOS IGUAIS, TODOS DIFERENTES

jueves, 1 de noviembre de 2018

CELEBRAMOS SAMAÍN

Para conmemorar Samaín os nenos/as decoraron na casa, coa axuda dos seus papás, unha cabaza empregando todo tipo de técnicas e materiais:












Con todas as cabaciñas ambientamos o noso pavillón de Infantil que quedou así de bonito.
Grazas papás !!!





 Na pizarra díxital vimos o conto  "Corre, corre, cabaciña" cos amigos da clase de Reme:


E na clase de Inglés fixemos unha manualidade entre todos:


Tamén na casa decoramos unha cabaza pero nesta ocasión de verdade. Na asamblea 
ensinamos as cabaciñas aos amigos e contamos como as fixemos e que materiais empregamos:







O último día, mércores 31 viñemos caracterizados de personaxes de medo e con disfraces típicos de Samaín. Que guapos !!!





E deste xeito celebramos no cole unha das festas máis terroríficas do ano:





Ambientación do cole de primaria

viernes, 26 de octubre de 2018

O DÍA DAS BIBLIOTECAS

O mércores 24 celebramos no cole o día das bibliotecas. Na asamblea explicamos que é unha 
biblioteca e que podemos atopar nela. Tamén nos xuntamos coa profe Lorena e os nenos/as de 4 anos para contar a historia: "A figueira de Pelostortos" na mesa de luz.
Gustounos moito e de seguro repetiremos a experiencia.








Tamén fixemos unha medalla conmemorativa deste día:










miércoles, 24 de octubre de 2018

OS PRIMEIROS DÍAS

Para os nenos/as vir ao cole por primeira vez é un momento moi importante nas súas vidas. Teñen que familiarizarse con novos profes, amigos, espazos... i eso leva tempo. Por este motivo é fundamental respetar o ritmo de cada un. 
Así foron os primeiros días:













viernes, 12 de octubre de 2018

COMEZAMOS !!!

Un novo curso, novos nenos e nenas pero a mesma ilusión de sempre. Empezamos a camiñar xuntos nesta aventura que é o cole. BENVIDOS!!!