TODOS IGUAIS, TODOS DIFERENTES

lunes, 13 de febrero de 2023

LUNS DE ENTROIDO

 " Para entrar, o LUNS, no entroido con bo pé, os calcetíns desemparellados e coloridos terás que traer. A moda di que por fóra teñen que vir "








viernes, 3 de febrero de 2023

PRESENTACIÓN " OFICIAL " DE SOPHIE , A IRMÁ DE CHLOE

    O martes 31 tivemos na clase a visita de Sophie. Chloe contounos moitas cousiñas da súa irmá que xa ten ano e medio. Cantamos a canción dos bebés e tamén fixemos con moito cariño un libro de debuxos como agasallo desta visita tan especial.

    Grazas YANIRA e SOPHIE pola visita e grazas CHLOE por presentarnos a túa irmá.



30 DE XANEIRO : " DÍA DA PAZ "

   Este luns celebramos no cole unha xornada moi especial: O DÍA DA PAZ. Cada curso decorou unha peza dun puzzle para formar entre tod@s un mural conmemorativo. Tamén traballamos nas aulas unha personalidade relevante que destacou na defensa da non violencia. 
   Na nosa clase descubrimos a figura do premio Nobel NELSON MANDELA que defendeu e loitou polos dereitos da poboación negra. A mensaxe que nos deixou é que tod@s somos iguais con independencia da nosa cor e que ademais temos os mesmos dereitos.

               Meghara e Conor colocaron a peza no mural e falaron de Nelson Mandela



                                                 A nosa peza do puzzle


                                                 Mural conmemorativo

martes, 24 de enero de 2023

DISFRACE DE ENTROIDO

    O noso disfrace para o Entroido está relacionado co proxecto que imos traballar neste segundo trimestre: "Animais S.O.S. " 



lunes, 23 de enero de 2023

PRIMEIROS AUXILIOS COA CRUZ VERMELLA

   Hoxe recibimos na nosa clase a Teresa e a Jacobo da Cruz Vermella. Con eles aprendemos cal  é o número o que temos que chamar nunha emerxencia ( 112 ) e por exemplo que facer cando nos sangra o nariz.  Tamén o que é o masaxe cardíaco ( RCP ) que se fai cando alguén está inconsciente e non respira. O que máis nos gustou foi subir na ambulancia.

   Moitas grazas Teresa e Jacobo pola visita!












viernes, 20 de enero de 2023

RECICLAMOS !!!

   Na clase estamos aprendendo a reciclar os diferentes residuos para, deste xeito, contribuir ao coidado do medio ambiente. Na caixiña azul reciclamos o papel e o cartón, na amarela os envases de plástico das nosas merendas (bebibles, iogures, zumes...) e no cubo gris o resto de lixo como por exemplo as cascas das froitas. Deste xeito damos unha nova vida e un novo uso a estes materiais e axudamos ao noso planeta.




jueves, 12 de enero de 2023

VIÑERON OS REIS !!!

    Que sorpresa !!! O luns cando chegamos á clase atopamos debaixo da arbore de Nadal uns agasallos que nos deixaron os Reis Magos. Na carta decían que como no cole nos portamos fenomenal e traballamos moi ben quixeron deixarnos uns xoguetes para compartir cos amig@s. Moitas grazas Melchor, Gaspar e Baltasar !