lunes, 1 de julio de 2024

INSTALACIÓN ARTÍSTICA

   Segundo o artista Javier Abad as INSTALACIÓNS ARTÍSTICAS son espazos de experimentación e transformación na que os nen@s, a partir de obxectos sinxelos e atractivos, constrúen o seu propio coñecemento. Ademais fomentan o xogo, a socialización, a exploración, a creatividade... e co emprego de materiais de reciclaxe permiten traballar o coidado do planeta.

Para a nosa instalación empregamos materiais da clase e de reciclaxe:


















































O CICLO DA MARIPOSA

    Nestes dous últimos meses tivemos a oportunidade de ver na clase o ciclo de vida da mariposa que se coñece co nome de metamorfose. Este ciclo ten 4 etapas: ovo, eiruga, crisálida (pupa) e mariposa.


Todos os días na asamblea observamos como as eirugas se alimentaban e medraban día a día.










   Cando a eiruga medra o suficiente sube para colgarse da tapa e comeza a facer a pupa ou crisálida. É o momento de levalas ao seu novo hábitat. Comeza aquí a súa transformación.


Nesta etapa alimentamos as mariposas con froita (laranxas).




   Na clase aproveitamos calquer momento do día para ver a súa transformación. Que emoción e que alegría sentimos ao ver como van evolucionando!!!





   Unha vez completada a transformación ábrese a crisálida e xorde unha bolboreta adulta. Ao principio as súas ás están engurradas e blandiñas.


      Unha semana despois soltamos as nosas bolboretas da especie Dama Pintada tamén coñecida como vanesa dos cardos. 






      A bolboreta Dama Pintada é capaz de facer unha viaxe de ida e volta de 12.000 a 14.000 km. e pode viaxar dende o deserto do Sahara ata Europa sempre que as condicións sexan favorables. 
Debe o seu nome de Dama Pintada á brillante cor laranxa e marrón que predomina na parte superior das súas ás con manchas e puntos brancos e negros.


   Moitas grazas Aldán, Carmela e Dani por esta actividade tan interesante que disfrutamos moito!!!