Vir ao cole por primeira vez é un momento moi importante nas nosas vidas. Os nenos/as teñen que familiarizarse con novos profes, amigos, espazos ... i eso leva tempo. O máis importante é respetar o ritmo de cada un e darlle a cada neno o seu tempo. Así foron os primeiros días:
Iniciamos a nosa aventura en Infantil con algunha que outra lágrima pero tamén con moitas ganas e ilusións. O obxectivo é divertirnos no cole, compartir momentos, xogos, experiencias... facer amigos e tamén aprender moitas cousas.