O venres 18 celebramos o día da Árbore. Os nenos de 3º de Primaria viñeron a ensinarnos o castiñeiro que se chama " O rei do magosto" e que se vai a prantar no colexo para conmemorar este día. Na clase tamén contamos o conto de " Erase unha vez un castiñeiro".
sábado, 19 de marzo de 2016
miércoles, 16 de marzo de 2016
ESTREAMOS PIZARRA DIXITAL !!!!
Dende fai unhas semanas temos na clase unha pizarra dixital. Nela podemos ver vídeos e contos, buscar información e sobre todo aprender dun xeito divertido a través de xogos interactivos:
domingo, 13 de marzo de 2016
SEMANA DA PRENSA E DÍA DA MULLER TRABALLADORA
Para conmemorar o Día da Muller Traballadora e aproveitando que estamos na Semana da Prensa cada neno trouxo da casa unha noticia sobre a profesión da súa mamá que comentamos na asamblea:
miércoles, 9 de marzo de 2016
A HORA DO BAILE
Despois do almorzo e antes de prepararnos para ir ao recreo na clase podemos ver contos pero ás veces os nenos piden cancións para bailar cos amigos. Está claro que son uns artistas. Menuda marcha !!!
viernes, 12 de febrero de 2016
CORAZÓN, CORAZÓN
Hoxe celebramos San Valentín o día do amor pero tamén da amizade. Cada neno/a deu un bico e un abrazo a un compañeiro da clase, cantamos unha canción que fala de que non hai que pelexar e bailamos todos xuntos: " Somos amigos". Tamén decoramos con pegatinas un corazón para regalar a alguén a quen queremos moito: mamá, papá, os avós, os nosos irmáns, un amigo ...
lunes, 8 de febrero de 2016
VENRES DE ENTROIDO
O venres con Manuel María,
todos disfrazados a desfrutar da romaría!
O venres 5 de Febreiro celebramos no cole o Entroido cun desfile adicado a Manuel María. Os nenos de tres anos desfilamos ao son do poema musicado do Sol deste poeta de Outeiro de Rei ao que se lle adica este ano o Día das Letras Galegas.
Qué soletes !!!
todos disfrazados a desfrutar da romaría!
O venres 5 de Febreiro celebramos no cole o Entroido cun desfile adicado a Manuel María. Os nenos de tres anos desfilamos ao son do poema musicado do Sol deste poeta de Outeiro de Rei ao que se lle adica este ano o Día das Letras Galegas.
Qué soletes !!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




