TODOS IGUAIS, TODOS DIFERENTES

viernes, 13 de mayo de 2016

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Hoxe celebramos no cole o día das Letras Galegas adicado a Manuel María. Pola mañá  para os nenos de Infantil houbo un contacontos no Salón de Actos con Josito e Saleta que nos gustou moito. Xa pola tarde todos xuntos cantamos no patio a canción " O carro" de Fuxan os ventos con Antón Castro e o profesor de música Mikel. Tamén disfrutamos da actuación do grupo de baile galego e pandereta. Fixérono xenial !!!





Actuación de Josito e Saleta 











DÍA INTERNACIONAL DA FAMILIA

O 15 de maio conmemorase o día da Familia. Para celebrar esta data tan especial na clase fixemos con moito cariño un agasallo que desexamos que vos guste. Feliz día !!!






















domingo, 24 de abril de 2016

DÍA DO LIBRO

Este venres celebramos o día do Libro cunha visita a biblioteca do cole onde os nenos/as de 5º e 6º de Primaria representaron algunhas esceas de distintos entremeses da obra de Cervantes.
Neste día tan especial tamén quixemos lembrarnos de Manuel María e entre todos os nenos do cole fixemos un libro de poemas adicado a él que leva por título " Contigo Manuel María" e un marcapáxinas coa súa imaxe.

Na biblioteca



Nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria








A nosa páxina do libro adicado a Manuel María




Os marcapáxinas

miércoles, 20 de abril de 2016

CONTACONTOS

Hoxe Carmen e Montse as mamás de Mario e Mariña viñeron a nosa clase para contar o conto  dos cinco ratiños e ensinarnos a canción do gato Tirurato. Pasámolo  fenomenal e de agasallo Montse e Carmen trouxeron un ratiño para cada neno e tamén 5 ratiños para que poidamos contar de novo o conto no cole. Tamén imos aprender a canción do gato que nos gustou moito.


O conto dos cinco ratiños


A canción do gato Tirurato

Mariña e Mario repartindo os ratiños aos amigos

O ratiño

lunes, 11 de abril de 2016

OS NOSOS DEBUXOS DE MIMÍ

Hoxe na asamblea lembramos entre todos o conto de Mimí e fixemos estes bonitos debuxos do gato para levar a casa de Manuel María:






viernes, 8 de abril de 2016

CONTACONTOS: " O BIGOTE DE MIMÍ"

Hoxe os nenos e nenas de tres anos visitamos a Casa Museo de Manuel María para asistir a un contacontos e disfrutar coa historia do gato Mimí.