TODOS IGUAIS, TODOS DIFERENTES

sábado, 22 de abril de 2017

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

Este ano celebrase o centenario do nacemento de Gloria Fuertes e por este motivo nas clases de Infantil quixemos dar a coñecer esta poetisa aos nenos/as a través do seu libro "La oca loca ". Cada nivel elexiu un poema e en concreto nas clases de catro anos traballamos: " Cómo se dibuja un gato". Aquí tedes o resultado:





domingo, 9 de abril de 2017

CONCERTO DIDÁCTICO

O venres 7 pola mañá disfrutamos dun concerto didáctico no Salón de Actos xunto cos compañeiros/as de Infantil e primeiro de Primaria. Tivemos a oportunidade de coñecer diferentes instrumentos musicais e de cantar cancións e sintonías que nos gustaron moito:











sábado, 25 de marzo de 2017

DÍA DA ÁRBORE E DA AUGA

Para celebrar este día contamos o conto "Eva, o trasno e o ameneiro". Os nenos/as de 3º de  primaria prantaron un ameneiro e tamén viñeron á clase para recitar unha poesía e explicarnos moitas cousas destas árbores:





domingo, 12 de marzo de 2017

SEMANA DA PRENSA

No cole tamén celebramos a semana da prensa con distintas actividades. Na nosa clase vimos que é un xornal e tamén as distintas partes dun periódico e as seccións que o compoñen: portada, contraportada, noticias ( locais, nacionais, do mundo ), deportes, actualidade, o tempo, cartelera ... Estas son as nosas noticias:








" DÍA DA MULLER TRABALLADORA"

O mércores 8 celebramos o día da muller traballadora. Na asamblea falamos das profesións das mamás e tamén lembramos que hoxe en día homes e mulleres poden desenrolar os mesmos traballos e que actualmente hai conductoras de autobuses, astronáutas, mulleres policías, arqueologas, científicas ... Despois contamos todos o que nos gustaría ser de maiores e dibuxamos as nosas mamás para facer un collage conmemorativo deste importante día. 








sábado, 4 de marzo de 2017

VENRES: DESFILE DE ENTROIDO

O venres 24 de febreiro celebramos no cole o Entroido cun desfile adicado as lendas galegas. Os nenos/as de 4 anos eleximos o disfraz de mouros e mouras e así de guapos disfrutamos xunto cos demáis compañeiros da festa e a troula:





XOVES DE ENTROIDO

" Para acabar con bo pé,
   un calzado diferente en cada pé debes traer "