Esta semana tivemos no cole a visita dos xogadores de baloncesto do Breogán. Todos os nenos /as estivemos con eles no pavillón onde lles puidemos facer preguntas, sacar fotos e pedir autógrafos. Tamén aproveitamos a ocasión para tirar a canasta e comprobar que para practicar este deporte hai que ser moi alto coma os xogadores do equipo de Lugo.
domingo, 28 de mayo de 2017
sábado, 20 de mayo de 2017
17 DE MAIO: "DÍA DAS LETRAS GALEGAS"
Este ano o día das Letras Galegas estivo adicado ao escritor Carlos Casares.
No edificio de Primaria prepararon un recuncho adicado ao escritor coas aportacións dos alumnos/as e as familias e en Infantil fixemos entre todos os nenos/as de 3, 4 e 5 anos un mural coa imaxe de Carlos Casares e tamén un marcapáxinas que nos quedou así de bonito:
O martes pola tarde todos os nenos do cole disfrutamos da actuación de baile e pandereta onde poidemos ver a Cris e Asier que o fixeron fenomenal:

lunes, 15 de mayo de 2017
15 DE MAIO:" DÍA DA FAMILIA"
Para celebrar este día decidimos debuxar a nosa familia a que queremos moito neste marco con forma de casiña. Un agasallo feito con cariño que esperamos vos guste. Felicidades !!!
domingo, 7 de mayo de 2017
sábado, 6 de mayo de 2017
AS PARELLAS DO AUTOBÚS
Sempre que imos de excursión eleximos a nosa parella para ir no autobús. Estas son as parellas para a saída ao Centro de Interpretación Terras do Miño:
sábado, 22 de abril de 2017
23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO
Este ano celebrase o centenario do nacemento de Gloria Fuertes e por este motivo nas clases de Infantil quixemos dar a coñecer esta poetisa aos nenos/as a través do seu libro "La oca loca ". Cada nivel elexiu un poema e en concreto nas clases de catro anos traballamos: " Cómo se dibuja un gato". Aquí tedes o resultado:
domingo, 9 de abril de 2017
CONCERTO DIDÁCTICO
O venres 7 pola mañá disfrutamos dun concerto didáctico no Salón de Actos xunto cos compañeiros/as de Infantil e primeiro de Primaria. Tivemos a oportunidade de coñecer diferentes instrumentos musicais e de cantar cancións e sintonías que nos gustaron moito:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)