TODOS IGUAIS, TODOS DIFERENTES

martes, 20 de junio de 2017

CAMISETAS ARTÍSTICAS

Na clase decoramos camisetas con algúns dos motivos florais que aparecen en moitos dos cadros de Van Gogh: tulipán, xirasol, lirio ... Camisetas artísticas, moi orixinais que quedaron así de bonitas e que disfrutamos pintando:







sábado, 17 de junio de 2017

" FANTASÍA"

O mércores 14 disfrutamos dun concerto didáctico de música e maxía no Auditorio Gustavo Freire titulado "Fantasía" que nos gustou moito:







domingo, 28 de mayo de 2017

VISITA DO BREOGÁN

Esta semana tivemos no cole a visita dos xogadores de baloncesto do Breogán. Todos os nenos /as estivemos con eles no pavillón onde lles puidemos facer preguntas, sacar fotos e pedir autógrafos. Tamén aproveitamos a ocasión  para tirar a canasta e comprobar que para practicar este deporte hai que ser moi alto coma os xogadores do equipo de Lugo.




sábado, 20 de mayo de 2017

17 DE MAIO: "DÍA DAS LETRAS GALEGAS"

Este ano o día das Letras Galegas estivo adicado ao escritor Carlos Casares.
 No edificio de Primaria prepararon un recuncho adicado ao escritor coas aportacións dos alumnos/as e as familias e en Infantil fixemos entre todos os nenos/as de 3, 4 e 5 anos un mural coa imaxe de Carlos Casares e tamén un marcapáxinas que nos quedou así de bonito:





O martes pola tarde todos os nenos do cole disfrutamos da actuación de baile e pandereta onde poidemos ver a Cris e Asier que o fixeron fenomenal:








lunes, 15 de mayo de 2017

15 DE MAIO:" DÍA DA FAMILIA"

Para celebrar este día decidimos debuxar a nosa familia a que queremos moito neste marco con forma de casiña. Un agasallo feito con cariño que esperamos vos guste. Felicidades !!!