TODOS IGUAIS, TODOS DIFERENTES
Do 23 ao 27 de Abril realizamos diferentes actividades para conmemorar o Día do Libro.
O día 23 Daniel contou na asamblea o conto do " Principito" no ano no que se celebra o 75 aniversario da publicación desta obra de Antoine Saint-Exupéry que xa leva vendidos 150 millóns de exemplares e está traducido a 300 linguas e dialectos.
Ademais aproveitamos para ver a pelicula na pizarra dixital:
A nivel de Infantil e Primaria tamén fixemos un conto colectivo empregando as imaxes do "Principito" para inventar unha historia onde cada nivel colaborou coa elaboración dunha páxina deste libro xigante. Así quedou a de 5 anos:
E por último o día 27 puidemos levar á clase o noso conto favorito e vir caracterizados con un disfraz ou un detalle do libro elexido, unha actividade que nos gustou especialmente e que seguramente repetiremos:
Outra vez nos xuntamos cos nosos amigos/as de terceiro para facer un novo taller. Nesta ocasión un mural da primavera onde o mellor é colaborar xuntos e pasar un rato divertido:
 |
| Mural de Primaria |
 |
| Murais de Infantil |
O venres 20 disfrutamos no Salón de Actos do contacontos " Riciños de ouro ", unha das actividades previstas para conmemorar o Día do Libro.
Xa temos na clase a pranta que fixemos a partir dunhas fabas, un experimento do proxecto anterior para comprender a importancia da auga. Agora a nosa pranta está nunha maceta con terra e o que máis nos gusta e coidala entre todos:
O venres celebramos o día da Auga e da Árbore contando a historia " A auga, o dragón e o salgueiro "e os nenos/as de 3º de Primaria viñeron a nosa clase para explicarnos moitas cousas dos salgueiros e ensinarnos a árbore que van a prantar no patio de Infantil.
O 8 de marzo conmemorase o Día da Muller Traballadora e nos quixemos celebrar esta data tan importante e significativa cun contacontos xunto cos nosos compañeiros/as da clase de Reme.
O conto "¿ Hay algo más aburrido que ser una princesa de color rosa? narra a historia de Carlota unha nena que non quere ser princesa senón vivir aventuras divertidas e cumprir os seus soños. O conto transmite unha mensaxe de igualdade onde nenos e nenas, homes e mulleres somos iguais e podemos facer as mesmas cousas:
Tamén falamos das profesións e do traballo que as mamás e os papás fan na casa e fora dela e chegamos a conclusión de que non hai oficios de homes ou de mulleres. Por último fixemos unha tarxeta conmemorativa onde cada un contou ao que lles gustaría adicarse:
Do 5 ao 9 de marzo celebramos no cole a Semana da Prensa onde aproveitamos para coñecer as diferentes seccións dun xornal e valorar a importancia da prensa como medio de información e comunicación. Tamén utilizamos os xornais como soporte e material das nosas produccións plásticas: