TODOS IGUAIS, TODOS DIFERENTES

jueves, 28 de junio de 2018

FELICES VACACIÓNS E ATA SEMPRE !!!




 FELICES VACACIÓNS E OS MEUS MELLORES DESEXOS PARA O PRÓXIMO CURSO !
 QUÉROVOS MOITO !!!                       
                                                                    CON CARIÑO: MARÍA JOSÉ

domingo, 24 de junio de 2018

FESTA FIN DE CURSO

O xoves 22 celebramos a nosa festa fin de curso para despedirnos dos amigos/as e dar a benvida ao verán e as vacacións. Non faltou o baile, a música e a diversión.








DÍA DE CONVIVENCIA

O mércores 20 tivemos un día de convivencia na área recreativa de Santa Isabel con todos os amigos/as do cole. Fixemos xogos cooperativos e disfrutamos dunha comida nunha xornada que resultou xenial e que seguro repetiremos.























O NOSO MUSICAL

Este ano quixemos despedir o curso con moito ritmo. O principal obxectivo foi divertirnos e bailar cos amigos/as e todos xuntos disfrutar dunha xornada moi especial en compañía da nosa familia.






viernes, 1 de junio de 2018

CONCERTO DIDÁCTICO

O mércores 30 disfrutamos dun concerto didáctico no Salón de Actos onde músicos da Tradescola nos ensinaron dun xeito lúdico e divertido instrumentos, ritmos e melodías da música tradicional galega.




O VIAXE DE PEPA

Pepa viaxou fai uns días a París cos seus pais e o co seu irmán Enrique. Para Pepa era a súa primeira viaxe en avión e tiña moita ilusión por ir a Disneyland. Á volta contounos moitas cousas: a súa visita á torre Eiffel, á catedral de Notre Dame,  ao museo do Louvre onde había cadros de Van Gogh  e o paseo polo río Sena no Bateau Mouse. Tamén trouxo fotos para compartir cos amigos. Grazas Pepa !!! 






viernes, 25 de mayo de 2018

EXCURSIÓN Á CORUÑA


O mércores 16 viaxamos Á Coruña para visitar 3 museos: a  Casa do Home ou Domus onde tivemos a oportunidade de experimentar nas distintas salas interactivas e de ver unha película en 3D, o Acuarium  onde puidemos aprender moitas cousas de  Gastón, o tiburón que vive dende fai 20 anos na gran piscina da sala Nautilus xunto moitos outros peixes , a sala Maremagnum onde está o tanque das medusas e tamén os cabaliños de mar, os polbos .... e xa no exterior puidemos disfrutar do Paraíso Marino que recibe auga directamente do mar e onde están as 5 focas macho e o Piscinarium onde viven 9 focas femias.
Por último visitamos o Planetario situado na cúpula semiesférica da Casa das Ciencias e onde se fan proxeccións sobre o Sistema Solar. Foi un día moi divertido onde ademais de aprender moitas cousas disfrutamos dunha xornada moi especial cos nosos amigos/as de 5 anos.





Salas interactivas do Domus

Cine 3D


Repoñendo forzas!!!







No Acuarium

Na Sala Nautilus




Vendo as focas