TODOS IGUAIS, TODOS DIFERENTES

domingo, 24 de noviembre de 2019

TALLERES COS NEN@S DE 5º DE PRIMARIA

Cos nen@s da clase de Isa estamos a facer un mural de outono. A idea é que os máis maiores traballen cos pequenos para facer unha actividade interclase  que, as titoras pensamos, pode ser moi interesante e atractiva para tod@s. Eu ademais, moi contenta de repetir talleres cos meus antigos alum@s que xa están en 5º de Primaria e que xa son dos máis maiores do cole.





















domingo, 17 de noviembre de 2019

O RECUNCHO DA CALMA

Na clase hai momentos de moita actividade: tempos de xogo, de música e baile, de cancións, de contos, de plástica ... pero tamén hai momentos para a tranquilidade.
Por este motivo tamén temos un recuncho ao que podemos ir cando queremos relaxarnos, descansar, estar tranquilos... 
E o noso RECUNCHO DA CALMA que disfrutamos tod@s pero de un en un:







domingo, 3 de noviembre de 2019

CELEBRAMOS SAMAÍN

O mércores 30 viñemos caracterizados de personaxes de "medo" para conmemorar esta festa tradicional galega. Na clase fixemos un desfile para mostrar aos compañeir@s os nosos disfraces:








Tamén fixemos un "photocall" que preparou a profe de música. Grazas Mariana !!!




VASOIRAS TERRORíFICAS

Unha das actividades previstas para Samaín foi a decoración de vasoiras terroríficas que os nen@s trouxeron da casa e que "tunearon" coa axuda dos seus papás. Na clase ensinamos as nosas escobas aos compañeir@s e contamos como estaban feitas:


Coas vasoiras de todas as clases de Infantil ambientamos o pavillón que quedou así de 
"terrorífico":





domingo, 27 de octubre de 2019

O DÍA DAS BIBLIOTECAS


Para conmemorar o Día das Bibliotecas fixemos unha serie de actividades ao longo da semana. Cada clase de Infantil inventou e decorou unha páxina dun conto que fixemos entre tod@s e que tiña como protagonista a "Vermiño", a mascota da biblioteca do cole.


VERMIÑO

                                                           O CONTO COOPERATIVO DE INFANTIL

A PÁXINA QUE FIXEMOS OS NEN@S DE 4 ANOS A


O xoves día 24, na biblioteca do cole, disfrutamos coa lectura do noso conto cooperativo e tivemos a oportunidade de ver as páxinas que  elaboraron nas outras clases e coñecer toda a historia do noso amigo.








 
Outra das actividades consistiu en decorar unha medalla conmemorativa como recordo deste día tan especial:




lunes, 14 de octubre de 2019

MASTERCLAS DE GRAVITTY

Hoxe viñeron ao cole dous profes de baile da escola Gravitty para ensinarnos a bailar hip hop.
Tod@s os nen@s de Infantil disfrutamos coa masterclas no pavillón e demostramos que somos  grandes bailaríns: