Na clase hai momentos de moita actividade, tempo de xogo, de música e baile, de cancións, de contos, de plástica ... pero tamén hai momentos para a tranquilidade. Por este motivo na nosa aula hai un recuncho ao que podemos ir cando queremos relaxarnos, descansar, estar tranquilos... É o noso RECUNCHO DA CALMA que disfrutamos tod@s pero de un en un:
viernes, 18 de noviembre de 2022
viernes, 11 de noviembre de 2022
SOMOS UNS ARTISTAS
E como mostra este mural de tema libre que decoramos entre tod@s con témperas e pinceis. Quedou así de bonito na nosa clase:
FOLLAS DE OUTONO
" Llega el otoño tras el verano, se caen las hojas secas de luz ... " Así comeza a canción do outono que cantamos todas as mañás. Nosoutros quixemos encher a nosa clase de follas de luz e cor e decorar o mural onde a bruxa Maruxa, co seu chuvasqueiro, xa está preparada para disfrutar desta estación.
domingo, 30 de octubre de 2022
ZOMBIS
O venres foi un día especial no cole porque celebramos Samaín. Na clase fixemos un desfile para ensinar aos compañeir@s os nosos disfraces de zombis:
Tamén trouxemos unhas merendas terroríficas que estaban moi, moi ricas!!!
CONTOS ÁS ESCURAS
O xoves 27 pasamos un ratiño moi divertido na biblioteca con Santiña. Ela nos ensinou un feitizo para quitar todos os medos e tamén nos contou a historia de tres esqueletos que nos gustou moito. Grazas Santiña por visitarnos en Samaín!
jueves, 27 de octubre de 2022
CELEBRAMOS SAMAÍN
No cole fixemos uns morcegos para decorar a nosa clase e tamén preparamos un mural para festexar o Samaín.
Tamén pintamos entre tod@s á bruxa Maruxa que está no noso mural e que quedou así de bonito:
miércoles, 26 de octubre de 2022
DÍA DAS BIBLIOTECAS
O martes 25 celebramos no cole o día das Bibliotecas cunha actuación no Salón de actos. Cos nos@s compañeir@s de Infantil disfrutamos cos trucos do mago que, coa súa maxia, nos lembrou o importante que é reciclar e coidar o noso planeta.
Neste día tamén nos acompañou Libeteca, a mascota da biblioteca, que estaba de aniversario. En Infantil decoramos a súa coroa para celebrar un día tan especial. MOITAS FELICIDADES LIBETECA !!!

















































