TODOS IGUAIS, TODOS DIFERENTES

lunes, 6 de marzo de 2023

PRESENTACIÓN "OFICIAL" DE XABI, O IRMÁN DE BELA

      O martes 28 Bela presentounos xunto a súa mamá Arancha a Xabi , que xa ten 10 meses. Ela contounos cousiñas do seu irmán e tamén lle fixemos preguntas. Cantamos a canción dos bebés e como agasallo preparamos, con moito cariño, un libro de debuxos para que teña de recordo.

   Grazas BELA e grazas ARANCHA e XABI pola visita!






domingo, 5 de marzo de 2023

ROSALÍA DE CASTRO E COMPAÑÍA

    O 23 de febreiro celebrase o día de Rosalía de Castro. Na clase falamos desta importante escritora galega e tamén recitamos unha das súas poesías. A nivel de centro fixemos un mural colectivo que leva por título "Rimando con Rosalía e compañía" onde ademais da escritora aparecen importantes mulleres do mundo da cultura.




viernes, 24 de febrero de 2023

PRESENTACIÓN "OFICIAL" DE ANDRÉ, O IRMÁN DE ANTÓN

   Hoxe tivemos na clase a visita de André que veu cos seus papás. Antón contounos moitas cousiñas do seu irmán. Tamén cantamos a canción dos bebés e como agasallo fixemos un libro de debuxos para que teña de recordo. Grazas ANDRÉ, SHEILA e JAVI pola visita e grazas ANTÓN por presentarnos ao teu irmán.





viernes, 17 de febrero de 2023

VENRES DE ENTROIDO

 " Se ao meco queres contentar, o VENRES no proxecto do centro terás que mergullar "






   

   Hoxe celebramos no cole a festa do Entroido no pavillón. Desfilamos de pingüíns xunto cos nos@s compañeir@s da clase de Lidia que ían vestidos de osos panda. Nesta xornada disfrutamos das actuacións dos outr@s nen@s do cole relacionadas coa temática deste curso: o coidado do medio ambiente.





jueves, 16 de febrero de 2023

XOVES DE PHOTOCALL

 " Para ao meco sorprender, o XOVES cada un o que quere pode traer "












MÉRCORES DE ENTROIDO

 " Se ao meco o MÉRCORES queres namorar, algo na túa cara terás que pintar ou colocar "







14 DE FEBREIRO: " O DÍA DO AMOR E DA AMIZADE "

    Para celebrar esta data tan especial contamos na clase o conto " Así es mi corazón " e fixemos uns colgantes que quedaron así de bonitos:








Tamén fixemos un debuxo con corazón a un amig@ da clase como agasallo para festexar a amizade:








E, por último, tivemos unha cita a cegas coa lectura. Na biblioteca estaba agardando por nós Libeteca que nos regalou un conto a cada un. Moitas grazas Libeteca polo teu agasallo!