O 24 de novembro celebramos no cole o día das Bibliotecas. Nesta xornada tan especial visitamos o tunel dos Descubrimentos para coñecer coa profe Elvira os inventos máis importantes da Prehistoria, Idade Media, Idade Antiga e Idade Moderna.
domingo, 27 de octubre de 2024
DÍA DAS BIBLIOTECAS
lunes, 21 de octubre de 2024
PREPARANDO SAMAÍN
domingo, 13 de octubre de 2024
O NOSO PERÍODO DE ADAPTACIÓN
Vir ao cole por primeira vez é un momento moi importante nas nosas vidas. Os nen@s teñen que familiarizarse con novos profes, amig@s, espazos... i eso leva tempo. O máis importante é respetar o ritmo de cada un e darlle a cada nen@ o seu tempo. Así foron os primeiros días:
domingo, 6 de octubre de 2024
BENVIDOS AO COLE ¡¡¡
Iniciamos o noso camiño en Infantil con algunha que outra bágoa pero tamén con moitas risas e sorrisos, desexos e ilusións. O obxectivo é pasalo ben no cole, compartir momentos, xogos, experiencias, facer amig@s ... Preparad@s porque comezamos xunt@s a aventura de aprender. BENVID@S!!!
lunes, 8 de julio de 2024
FELICES VACACIÓNS !!!
Despois de tres marabillosos anos xunt@s chega o momento de que iniciedes unha nova etapa en Primaria. GRAZAS por permitirme acompañarvos nesta viaxe e grazas polas vosas risas, sorrisos, experiencias, aprendizaxes, momentos compartidos... porque eu aprendo todos os días de vós. Disfrutade moito do verán e destas merecidas vacacións e vémonos á volta!
QUÉROVOS MOITO!!!
BIQUIÑOS E ABRAZOS DE OSO
A vosa profe María José
domingo, 7 de julio de 2024
¿PROFE, NOS SACAS UNA FOTO?
Moitas veces escoitei na clase esta frase e eu, con máis ou menos tempo, encantada de inmortalizar as vosas creacións e obras de arte. Aquí tedes amores as vosas fotos:








































































