O venres fomos ao Salón de Actos para ver unha versión da obra "La ratita presumida" que nos gustou moito.
TODOS IGUAIS, TODOS DIFERENTES
domingo, 15 de junio de 2025
VISITA DOS NEN@S DA GARDERIA
O mércores 11 tivemos unha visita moi especial. Os nen@s da gardería viñeron coas súas profes para coñecer o que vai a ser o seu cole para o curso que ven. Nas clases da planta baixa contamos un conto, cantamos e xogamos nos recunchos... Despois cos nen@s da planta de arriba houbo un tempo de recreo no patio. Foi unha xornada para coñecernos e pasar un ratiño xunt@s. Moitas grazas pola visita e ata pronto!!!
miércoles, 4 de junio de 2025
PRESENTACIÓN "OFICIAL" DO IRMÁN DE VALERIA
Hoxe tivemos unha visita moi especial. Veu a nosa clase Eder, o irmán de Valeria que ten tres meses. Valeria contounos moitas cousiñas do seu irmán e cantamos a canción dos bebés. Tamén fixemos para Eder un libro de debuxos con moito cariño.
Grazas EDER, FANI e IVÁN pola visita e grazas VALERIA por presentarnos ao teu irmán!!!
viernes, 30 de mayo de 2025
" OS MAIOS "
O mércores 28 celebramos no cole a Festa dos Maios que é unha celebración de orixe celta para dar a benvida á primavera. Coas flores que trouxemos da casa fixemos o noso "maio" de Infantil que quedou así de bonito:
jueves, 15 de mayo de 2025
DÍA DA FAMILIA
Hoxe 15 de maio celebramos unha data moi especial: o Día da Familia. Estes días traballamos o conto " Un puñado de botones " e con moito cariño preparamos un agasallo que esperamos que vos guste. Feliz día da Familia!
lunes, 12 de mayo de 2025
DÍA CONTRA O ACOSO ESCOLAR
Hoxe celebramos no cole o Día contra o Acoso Escolar cantando tod@s xunt@s "Aquí pintamos todos" Cada curso levou un antiface de distintas cores que representan valores tan importantes como a Escoita, o Amor, o Respeto, a Empatía, a Tolerancia, a Axuda, a Igualdade, o Cariño e a Paz.
miércoles, 23 de abril de 2025
FEIRA DO LIBRO
O martes 22 celebramos a I Feira do Libro de Outeiro de Rei, un evento organizado polo colexio Laverde Ruíz e o Concello. Pola mañá os nen@s de Infantil visitamos a feira e fixemos a doazón dos contos para o HULA.
Aproveitamos para ver os carteis que fixemon nas clases de Infantil e Primaria.


























































