viernes, 30 de octubre de 2015

O SAMAÍN

Esta semana celebramos  no cole a festa de Samaín con distintas actividades . En Infantil traballamos uns poemas de Manuel María sobre o lobo e a lúa e que gardan relación con esta festa de orixe celta. Entre todos fixemos un mural colectivo: 
- os nenos de tres anos pintamos o ceo de noite
- os nenos de catro: o lobo
- e os nenos de cinco: a lúa.
Tamén ambientamos a entrada de Infantil con pantasmas, morcegos e bruxas que os nenos decoraron na casa coa axuda dos seus papás.
O xoves pola mañá recitamos todos xuntos os poemas de Manuel María e na clase de 3 anos decoramos a nosa poesía da lúa lueira. 



Moi orixinales e creativas as pantasmas
Grazas papás por colaborar


Recitando a poesía " A lúa e o lobo"
Podedes ver o video na páxina web do cole


A lúa de Manuel María


3 comentarios:

  1. Moi chulos os traballiños! !! E o mural quedou xenial,bo traballo en equipo!!!

    ResponderEliminar
  2. Quedaron unhas pantasmas terroríficas, jeje.
    Qué ben están todos xuntos na foto.

    ResponderEliminar
  3. Quedaron unhas pantasmas terroríficas, jeje.
    Qué ben están todos xuntos na foto.

    ResponderEliminar