viernes, 22 de diciembre de 2017

FESTA DE FIN DE CURSO

O xoves 21 disfrutamos no cole dunha xornada moi especial.
Pola mañá fixemos catro talleres relacionados coa figura do Apalpador:
- Obradoiro de plástica: confección dunha boina.
- Conto: a historia do Apalpador.
- Obradoiro de maquillaxe.
- Obradoiro de plástica: bola muñeco de neve.
Nos talleres tivemos a oportunidade de estar con nenos/as das outras clases de Infantil e tamén con outras profes.



Despois todos xuntos cantamos no patio a panxoliña de Mamá Cabra, unha canción adicada a todos os papás e por último disfrutamos dunha festa na clase para despedirnos dos amigos ata o ano que ven.





E tamén tivemos unha sorpresa, a visita do Apalpador que veu a visitarnos e nos trouxo de agasallo un conto coa súa historia. Qué sorte !!!!!





No hay comentarios:

Publicar un comentario