sábado, 14 de octubre de 2017

PROXECTO: "AS VACACIÓNS DE VERÁN"

Adicamos os primeiros días de cole a facer un pequeno proxecto sobre as vacacións co obxectivo de compartir cos amigos/as as experiencias, as vivencias e as lembranzas  destes meses de verán.
Cada neno/a trouxo algunha fotografía do seu lugar de vacacións para comentar na asamblea 
 e ademais falamos:
- dos medios de transporte utilizados para viaxar
- da roupa de verán que levamos na maleta
- das actividades de lecer
- das persoas coas que compartimos as vacacións ...
 Tamén aproveitamos para recordar algúns dos conceptos xa traballados no curso pasado
( grafomotricidade, trazos, lóxica-matemática ... ).
E por último fixemos unha portada que nos quedou así de bonita:




Técnica: estampación, recortado, pegado
Materiais: cartulina, témpera, corchos, papel charol, papel prata, tixoiras, pegamento, gomets


1 comentario: