TODOS IGUAIS, TODOS DIFERENTES
"DÍA DA PAZ"
O martes 30 de xaneiro conmemoramos o día da Paz xunto cos nenos/as de 4 anos da clase de Melani. Contamos e dramatizamos "Amigos" a curiosa historia de amizade entre un gato e un peixe. Tamén falamos do que significa a PAZ e do importante que é celebrala a diario.
Fixemos un xoguete relacionado co conto e a nivel de Infantil decoramos entre todos un mural de Caruncho que quedou precioso no noso pavillón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario