domingo, 15 de diciembre de 2019

VISITA DA PROTECTORA DE ANIMAIS E PRANTAS

Durante este curso participaremos a nivel de centro no "Plan Proxecta" adicado aos animais.
O día 10 de decembro tivemos unha visita moi especial: Holly, Pequitas e Jack, tres canciños 
rescatados por Elena (voluntaria da protectora), viñeron ao cole e puidemos disfrutar coas súas habilidades.




Xa no Salón de Actos puidemos ver un video para coñecer a labor tan importante que se fai dende a protectora no coidado e adopción responsable de animais.
 Por último disfrutamos dun conto baseado en historias reais de canciños que tiveron a sorte de atopar un novo fogar.
Dende o cole vaise a levar a cabo unha campaña de recollida de alimentos e cousiñas que poidan necesitar para mellorar as condicións dos animais da protectora.
Grazas pola vosa colaboración !!!








No hay comentarios:

Publicar un comentario