domingo, 10 de marzo de 2019

8 DE MARZO: "DÍA DA MULLER TRABALLADORA"

O venres celebramos o día da Muller Traballadora coa lectura do conto " De puntillas" que narra a historia de Alex, unha nena que non atopa o seu lugar porque lle gustan os xogos considerados de "nenos":  o fútbol, as canicas, o pilla pilla..., subir aos arbores...
Alex non ten amigas e ningunha nena quere xogar con ela.
Un conto que fala de valores como a igualdade, a amizade e o respecto cara aos demais .
Na asemblea tamén comentamos as profesións das mamás e dos papás e explicamos que homes e mulleres poden realizar os mesmos traballos dentro e fóra da casa.






No hay comentarios:

Publicar un comentario