viernes, 31 de mayo de 2019

PRESENTACIÓN OFICIAL DO IRMÁN DE LUCA :KENZO

O mércores 22 tivemos na clase a visita de Kenzo, o irmán de Luca, que veu a vernos coa súa mamá Elva. Luca contounos as cousas que lle gusta facer co seu irmán pequeno , por exemplo ir á praia cos seus papás e buscar tesouros. Luca trouxo un ovo de tiburón para ensinar aos amigos e tamén cunchas, caracolas e ollomaos ( tiñan propiedades máxicas e tamén se empregaban coma botóns ou para aliviar a dor de cabeza ainda que agora úsanse para adornar pendentes, aneis e toda clase de xoias e bisutería). Luca tamén nos contou que estivo no Acuario, que lle gusta moito xogar con Kenzo  e de agasallo trouxonos unhas botelliñas que preparou coa axuda da súa mamá.
Moitas grazas Luca !!!
Moita grazas  Elva e Kenzo pola visita !!!










Entre todos fixemos un libro de debuxos para Kenzo para que tamén teñan un recordo deste día na clase de Luca e os seus amigos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario