lunes, 3 de febrero de 2020

UNHA VISITA MOI ESPECIAL

Dentro do plan Proxecta estamos a facer distintas actividades para concienciar aos nen@s da importancia que teñen os animais na nosa vida cotiá e da necesidade de coñecelos para poder valoralos e aprender a respectalos e coidalos.
Hoxe tivemos a sorte de ter na clase a Sara, a nai de Nora da clase de 5 anos, que é veterinaria.
Sara explicounos moitas cousas dos coellos e doutros animais que temos na casa. Tamén puidemos facer preguntas e incluso escoitar como late o corazón do coelliño cun fonendo.
Unha visita que nos gustou moito e que compartimos cos nen@s de Belén e de Carmen.
Moitas grazas Nora e Sara !!!










No hay comentarios:

Publicar un comentario