lunes, 23 de marzo de 2020

" OLA, OLA CARACOLA "

BOS DÍAS CHICOS E CHICAS !
 OLA, OLA CARACOLA !

Así empezamos todos os días a asemblea e así nos saudamos todas as mañás nada máis chegar ao cole. 
Imos estar uns días sen vernos ( levamos unha semana sen clase e xa vos boto moito de menos ).
Pero agora toca cuidarse. O máis importante é estar na casa, portarse fenomenal ( como sabedes facer moi ben), xogar moito e facer algunhas das actividades que están na páxina web do cole para vosoutr@s.
Eu tamén estou na casa, lendo e xogando ao parchís coa miñá mamá pero tamén preparando materiais, proxectos novos e cousiñas para a clase. 
Coa mesma ilusión e as mesmas ganas de sempre.
Ogallá poidamos vernos pronto e seguir disfrutando da aventura de aprender e divertirnos xuntos.
Moitos biquiños e abrazos de oso para tod@s.



E GRACIÑAS !!!  a todo o persoal sanitario que coida da nosa saúde, a todas as persoas que traballan para facernos a vida máis fácil e a toda a xente que queda na casa por eles e polos demais.

5 comentarios:

  1. Hola María José, nos alegra saber que estás bien. Area también te echa mucho de menos a ti y a todos sus compañer@s (amig@s, como dice ella). Todos los días juega a que ella es la profe o ayudante y los muñecos y yo somos sus amigos del cole y representa una asamblea a su manera. Esperamos que todo vuelva a la normalidad lo antes posible. Saludos.

    ResponderEliminar
  2. Grazas María! Espero que todos estedes ben. Un saúdo e biquiños para Area.

    ResponderEliminar
  3. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  4. Ola, Ola caracola .... Luca di que seguro estás na casa xogando o parchis ;) ... e mándache un beso enorme

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Como sabedes os luns contamos o noso finde e a eles gústalles saber tamén o que fago eu. E ademais doutras cousas, xogo ao parchís coas fichas vermellas, a cor favorita de Luca. Desexo que todos estedes ben. Biquiños para Luca e ogallá poidamos vernos pronto. Unha aperta.

      Eliminar