En Infantil compartimos espazos e materiais pero na situación actual toca adaptarse e cambiar rutinas e xeitos de traballar co obxectivo de garantir a seguridade de tod@s e minimizar o risco de contaxios. Este curso na clase imos ter 3 equipos de catro nen@s cada un. Cada equipo vai a ter un estante propio para gardar o material de traballo de uso individual ( libros, lapis, pinturas, rotuladores ... ) e unha bandexa para os almorzos. Tamén en cada equipo haberá distintos tipos de xogos que só poderan usar os nen@s do mesmo equipo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario