domingo, 27 de junio de 2021

FELICES VACACIÓNS !!!

 Tres cursos xunt@s. Tres cursos maravillosos ainda que con momentos complicados e cunha pandemia polo medio. Con moitos cambios nas nosas rutinas e hábitos, na maneira de organizar a clase,  de relacionarnos, ... pero coa ilusión de sempre e o mesmo desexo de aprender e divertirnos xunt@s. Con moitos momentos bos pero tamén con algúns malos ( o confinamento, o tempo de non poder ir ao cole e estar cos amig@s... ) Momentos que forman parte da vida mesma e que son unha aprendizaxe máis: a aprendizaxe de saber adaptarse ás circunstancias e de  superar as dificultades.  Ana, Area, Daniela, Ángela, Martín, Zeltia, Luca, Yago, Noa, Martiño, Clara, Mateo sodes uns CAMPEÓNS !!! GRAZAS por permitirme acompañarvos nesta viaxe e grazas polas vosas risas, sorrisos, experiencias, e aprendizaxes... porque eu aprendo todos os días de vós. Disfrutade moito do verán e destas merecidas vacacións. 

                                    Moitos  bicos sen virus e abrazos de oso para tod@s !!!                                                                               QUÉROVOS MOITO !!!

                                                          A vosa profe  María José



3 comentarios:

  1. Gracias a ti María José, por hacer que cada día de cole fuese especial para Area.

    ResponderEliminar
  2. ❣️....un placer ver a ilusión de Luca .... ver que para el era un lugar de amizade, aprendizaxe e descubrimentos...mil graciñas

    ResponderEliminar
  3. A primeira que disfruta na escola son eu. Que Area e Luca veñan contentos ao cole é o mellor agasallo para mín. De eso se trata, de que os nen@s aprendan xogando e de que sintan a clase como súa. Grazas familias por facer o meu traballo tan sinxelo e pola vosa colaboración nestes tres cursos xuntos. Unha aperta.

    ResponderEliminar