viernes, 2 de junio de 2023

AS FAMILIAS CONTAN: XIÁN, ANTÍA E JAVI

    Contar contos e contar números son dúas cousas distintas pero ás veces pódese facer ao mesmo tempo. En "Libro de contar" coñecemos a historia de Miguel que vai ao curral merendando pan con mel e tamén contamos elementos do un ata o doce e do doce ata o un. Ademais co conto dos bolechas e con Xián, Antía e Javi aprendemos primeiros auxilios e o que hai que facer cando temos unha ferida.

Moitas grazas familia pola visita e polos consellos!!!






No hay comentarios:

Publicar un comentario