domingo, 4 de febrero de 2024

DÍA DA PAZ

    O martes 30 celebramos no cole o Día da Paz. No Salón de Actos disfrutamos dunha obra de teatro que preparou a profe Elvira.




      Despois no hall de Primaria cantamos tod@s xunt@s unha canción pola Paz que ensaiamos coa profe Mariana.




      Na clase coñecemos a historia de Sadako, unha nena xaponesa que enfermou polos efectos da bomba atómica. Unha antiga lenda de Xapón di que o teu maior desexo farase realidade construindo mil grullas de papel. 


      Sadako decidiu facer as 1000 grullas para pedir a súa curación e a paz no mundo.


   No cole tamén quixemos pedir a Paz mundial elaborando as 1000 grullas de papel. Moitas grazas familias pola vosa axuda e colaboración !!! Ogallá se cumpra o noso desexo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario