Cos nen@s da clase de Silvia de 1º de Primaria fixemos un obradoiro de Nadal. O obxectivo é que os nen@s maiores e os pequenos compartan a experiencia de traballar xuntos, de colaborar e relacionarse nunha actividade lúdica, nun contexto diferente e con outras profes. Unha actividade que, as titoras pensamos, pode ser moi interesante e atractiva para tod@s. Nas dúas aulas e durante dúas sesións fixemos un mural empregando diferentes técnicas: pintura, estampación, collage... Eu ademais, moi contenta de seguir en contacto e compartindo experiencias cos meus antigos alumn@s que xa están no cole grande. Gustounos tanto a actividade que seguro repetiremos!!!
SESIÓN 1
No hay comentarios:
Publicar un comentario