viernes, 21 de febrero de 2025

DÍA DE ROSALÍA

   O día 23 celébrase o día de Rosalía. No cole fixemos caligramas coa súa cara en Primaria e con forma de folla en Infantil para colocar nunha árbore e conmemorar así o nacemento desta importante escritora galega. 




domingo, 16 de febrero de 2025

SAN VALENTÍN

    O venres celebramos no cole o día de San Valentín: o día do amor e da amizade. Cantamos a canción de "Ser amigos" e durante a semana fixemos unha manualidade para agasallar a quen queremos moito: papás, mamás, irmáns, avós, curmáns... Este foi o resultado:





domingo, 9 de febrero de 2025

PRESENTACIÓN "OFICIAL" DE LEO, O IRMÁN DE MARCO

   O martes 4 Marco presentounos ao seu irmán Leo que ten cinco meses. Marco contounos moitas cousiñas como por exemplo que canta a canción de "Catro vellos mariñeiros" para calmar a Leo cando se pon a chorar. Como agasallo deste día especial fixemos un libro de debuxos para Leo e cantamos a canción dos bebés.

 Grazas LEO, LUCÍA e FRAN pola visita e grazas MARCO por presentarnos ao teu irmán.



domingo, 2 de febrero de 2025

DÍA DA PAZ

    O día 30 de xaneiro celebramos no cole o día da Paz. Nas clases fixemos reproducións de cadros de diferentes autores que teñen en común esta temática. Na nosa aula pintamos e decoramos entre tod@s a pomba de Andy Warhol que quedou así de bonita:










      Despois tod@s os nen@s do cole xuntámonos no Hall de Primaria para cantar "Somos la paz" de Unai Quirós e reivindicar a importancia de traballar todos os días pola PAZ.