domingo, 9 de febrero de 2025

PRESENTACIÓN "OFICIAL" DE LEO, O IRMÁN DE MARCO

   O martes 4 Marco presentounos ao seu irmán Leo que ten cinco meses. Marco contounos moitas cousiñas como por exemplo que canta a canción de "Catro vellos mariñeiros" para calmar a Leo cando se pon a chorar. Como agasallo deste día especial fixemos un libro de debuxos para Leo e cantamos a canción dos bebés.

 Grazas LEO, LUCÍA e FRAN pola visita e grazas MARCO por presentarnos ao teu irmán.



No hay comentarios:

Publicar un comentario