Coa profe Ángela iniciámonos no uso das novas tecnoloxías. Nesta primeira sesión vimos os distintos elementos do robot e fixemos percorridos sinxelos para aprender o seu manexo. O obxectivo é fomentar nos nen@s o interés pola tecnoloxía dunha maneira divertida.
domingo, 30 de marzo de 2025
viernes, 21 de marzo de 2025
VISITA AO CASTRO DE VILADONGA
O xoves 20 fixemos a nosa primeira excursión ao Castro de Viladonga para coñecer cousiñas da Prehistoria e iniciar así o Proxecto do terceiro trimestre relacionado cos Inventos e Descubrimentos. O día anterior eleximos as parellas do autobús:
Viaxamos así de contentos cos nosos amig@s:
Ao chegar fixemos unhas fotos na entrada do Museo:
domingo, 16 de marzo de 2025
O MURAL DA NOSA CLASE
Durante as últimas semanas pintamos con témpera e pinceis diferentes casas para decorar a porta da nosa clase. Así quedou o noso mural:
SEMANA DA PRENSA
Do 10 ao 14 de marzo celebramos no cole a Semana da Prensa onde aproveitamos para coñecer as diferentes seccións dun xornal: noticias, deportes, sucesos, carteleira, programación... Ademais cada clase preparou unha noticia relacionada coa PDI deste curso"Inventos e descubrimentos". Esta foi a nosa noticia:
viernes, 7 de marzo de 2025
DÍA DA MULLER TRABALLADORA
O 8 de marzo celébrase o día da Muller Traballadora. Na asamblea falamos de que hoxe en día homes e mulleres poden desenrolar os mesmos traballos e que actualmente hai conductoras de autobuses, astronáutas, mulleres policías, arqueólogas, científicas...Pero non sempre foi así. En cada clase traballamos unha muller que foi pioneira na súa profesión. Nosoutr@s coñecemos a Manuela Barreiros Pico que foi a primeira muller farmacéutica galega.
Entre tod@s escribimos o seu nome:
Fixemos un puzzle coa sua imaxe:
E este foi o resultado: