O xoves 20 fixemos a nosa primeira excursión ao Castro de Viladonga para coñecer cousiñas da Prehistoria e iniciar así o Proxecto do terceiro trimestre relacionado cos Inventos e Descubrimentos. O día anterior eleximos as parellas do autobús:
Viaxamos así de contentos cos nosos amig@s:
Ao chegar fixemos unhas fotos na entrada do Museo:
O primeiro que fixemos foi visitar o Castro de Viladonga que é o poblado dos castrexos, os habitantes que vivían en Galicia antes de que chegaran os romanos. Puidemos ver restos das súas casas, rúas e murallas.
Xa no Museo a nosa monitora Sonia contounos a historia de Caelico un neno que vivía fai moitos anos no castro coa súa familia:
Por último visitamos o Museo antes de regresar ao cole, nunha xornada moi especial que disfrutamos moito:
No hay comentarios:
Publicar un comentario