O martes 10 de marzo celebramos no cole o Día da Muller Traballadora. Fixemos un mural coas fotos das mulleres máis importantes da nosa vida: mamás, avoas, curmáns, madriñas... e tod@s xunt@s cantamos con Lucía Pérez a súa canción "Na miña pel" un broche de ouro a esta xornada tan especial.
TODOS IGUAIS, TODOS DIFERENTES
miércoles, 11 de marzo de 2026
BENVIDO DIEGO !!!
Dende fai uns días temos un compañeiro novo. Chámase Diego e veu de Perú coa súa familia. Buscamos o seu país no globo terráqueo e contounos que viñera en avión ata España. Estamos moi content@s de que Diego esté na nosa clase e quixemos darlle un libro de debuxos como agasallo de benvida.
lunes, 2 de marzo de 2026
SEMANA DE ROSALÍA
Do 23 ao 27 de febreiro celebramos no cole a Semana de Rosalía de Castro. Para conmemorar esta data tan especial o Equipo de EDLG preparou distintas actividades para dar a coñecer a vida e a obra da nosa escritora máis universal. Todas as mañás empezamos a xornada coa cantiga " Eu ben vin estar o moucho" que é unha poesía de Rosalía cantada por Migallas.
LUNS 23
Na clase atopamos un sobre. Dentro tiñamos un quebracabezas dunha letra do nome de Rosalía para colocar no mural e formar así o seu nome.
No sobre tamén atopamos outra peza de puzzle para completar a imaxe de Rosalía no hall de Primaria.Na clase atopamos esta pista:
martes, 17 de febrero de 2026
14 DE FEBREIRO: DÍA DO AMOR E DA AMIZADE
Na clase quixemos celebrar San Valentín preparando unha tarxeta para as nosas persoas favoritas, persoas que nos queren e ás que queremos moito: papás, avós, irmáns, curmáns, amig@s... Quedaron así de bonitas:
FESTIVAL DE ENTROIDO
O venres 13 de febreiro celebramos no cole o festival de Entroido. Cada nivel de Infantil e Primaria preparamos unha actuación de distintos estilos musicais. Os nen@s de 4 anos eleximos a música disco dos 80 coa canción "Bailando" de Alaska. Fixémolo xenial!!!



















































